Sunday 12 de May de 2024

O Concello de Boqueixón organiza unha viaxe a Ourense que inclúe termas, percorrido pola vila e visita á exposición “In Tempore Sueborum”


O Concello de Boqueixón organiza unha viaxe a Ourense o vindeiro mércores 21 de marzo, dentro do seu programa de Circuito Termal. Así, pola mañá está programada unha visita ás termas de Outariz, mentres que pola tarde realizarase a ruta “Ourense monumental” e visitarase a exposición “In Tempore Sueborum”, que recolle o ocaso do Imperio Romano, cando os suevos se instalan no Norleste da Península Ibérica.

As persoas interesadas en participar teñen á súa disposición dous prezos diferentes: 25 euros (inclúe termas, comida e visitas) e 20 euros (só comida e visitas). O número de prazas é limitado e outorgaranse por orde de inscrición. Máis información e anotacións no Departamento de Cultura: 981 513 115.